
Onde viven
as palabras
Actualmente o concello de Dumbría conta con 5 puntos de lectura e préstamo de libros; a Biblioteca Pública Municipal do Ézaro e as Axencias de Lectura Municipais de Buxantes, Dumbría, Berdeogas e Olveira.
Tanto a biblioteca coma as ALM están automatizadas, contando neste momento cun total de 22.581 rexistros bibliográficos.
Para poder facer uso do servizo de préstamo de libros das bibliotecas abonda con facerse socio. Cada socio ten dereito a utilizar todas as bibliotecas do concello para o préstamo. Pódense sacar un máximo de tres documentos, durante 14 días e con posibilidade de renovación.
Os catálogos da rede de bibliotecas do concello pódense consultar no seguinte enlace: www.opacmeiga.rbgalicia.com.
​
Tamén podes consultar os libros que temos por biblioteca, só tes que premer na palabra CATÁLOGO e escribir o título da obra que buscas.
Ao longo do ano nas bibliotecas desenvólvense actividades puntuais de formación de usuarios, así coma diversas campañas e actividades de fomento da lectura.
Bibliotecas
HORARIO DE VERÁN.
As Casas de Cultura e as Bibliotecas Municipais, modifican os horarios durante os meses de verán.
​
Novos horarios:
​
OLVEIRA
De luns a venres de 18:00 a 21:00 h
ÉZARO
De luns a venres de 17:00 a 20:00 h
BERDEOGAS
Luns, mércores e venres de 17:00 a 20:00 h
BUXANTES
Martes e xoves de 17:00 a 20:00 h
O CONCO
De luns a venres de 16:00 a 22:00 h.
HORARIO DE INVERNO.
​
