Punto de
Información Catastral
O concello de Dumbría dispón dun Punto de Información Catastral para a pretación de servizos catastrais, autorizado pola Dirección General del Catastro.
Na Casa Consistorial, atende de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
No PIC pódese acceder aos seguintes servizos:
- Consulta de datos catastrais non protexidos, certificación do valor de referencia e certificación da referencia catastral.
- Consulta e certificación de datos catastrais protexidos polo titular catastral, representante ou persoa autorizada.
Os certificados descriptivos e gráficos cando o solicitante é un autorizado do titular catastral, NON conteñen información relativa aos datos dos lindeiros.
Só o titular catastral e o seu representante poden acceder á información relativa aos datos dos lindeiros, tanto nos PIC como na Xerencia.
- Certificación negativa.
- Consulta polo titular catastral sobre información de solicitudes de axuda da PAC.
Máis información sobre os Puntos de Información catastral en:
https://www1.sedecatastro.gob.es/CYCBienInmueble/SECBusquedaPIC.aspx