top of page

Servizos Sociais

Actualidad Servizos Sociais

​

A Consellería de Traballo e Benestar, por Orde do 30 de decembro de 2011, establece as seguintes axudas:

 

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.

​

1) BENEFICIARIOS: Aquelas persoas que teñan fillos/as menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2012 (nacidos entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012), e que, durante o ano 2010 ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presenta-la declaración da renda correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

​

2) CONTÍA: Pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos de 360 €.

​

3) DOCUMENTACIÓN:

 

- DNI do solicitante e do seu cónxuxe

 

- Libro de familia

 

- Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar

 

- Cartilla de aforros

 

4) PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: ata o 26 de marzo de 2012

 

As persoas interesadas poderán obter máis información nos Servizos Sociais do concello, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page