ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN DO CONCELLO DE DUMBRÍA
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante a ORDE do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental.
Coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convoca unhas axudas para que as entidades locais elaboren Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas.
Cómpre destacar que a presente estratexia foi realizada grazas ao cofinanciamento nun 80 % do Fondo Europeo deDesenvolvemento Rexional (FEDER). A estratexia desustentabilidade ambientalserve paraengadir a adaptación ao cambio climáticocomo unha variable das políticas de xestión e planificación municipal.
Cómpre destacar que a presente estratexia foi realizada grazas ao cofinanciamento nun 80 % do Fondo Europeo deDesenvolvemento Rexional (FEDER). A estratexia desustentabilidade ambientalserve paraengadir a adaptación ao cambio climáticocomo unha variable das políticas de xestión e planificación municipal.
O documento realizado utiliza como base a “Guía parala elaboración de Planes Locales de Adaptación al Cambio Climático”realizada pola Fegamp, e os obxectivos perseguidos son os seguintes:
> Recompilar o coñecemento sobre os efectos do cambio climático e as súas consecuencias sobre o medio natural, os asentamentos de poboación e a sociedade.
> Elaborar e centralizar a información e documentación referente aos efectos do cambio climático a nivel do concello, e aumentar a información e concienciación da cidadanía.
> Fortalecer a capacidade de adaptación aos efectos do cambio climático dos diferentes sectores do concello e potenciar o consumo enerxético racional, a redución de emisións deGEI e a loita contra o cambio climático nos plans e políticas municipais.
> Establecer prioridades e concertar esforzos en medidas de adaptación contra os futuros efectos do cambio climático.
> Establecer unha serie de indicadores, que deberán servir para avaliar o funcionamento da estratexia de adaptación sobre os diferentes sectores do concello.
O resultado final da estratexia é un documento aberto e adaptable que aporta información sobre aspectos importantes respecto a loita e a adaptación do concello fronte ao cambio climático, principalmente:
> Definición do escenario climático futuro do concello.
> Estudo dos elementos clave do concello e valoración da súa vulnerabilidade fronte os posibles efectos do cambio climático.
> Establecemento das medidas de adaptación, orientadas a reducir a vulnerabilidades dos elementos clave.
> Establecemento dos indicadores para o seguimento e control dos plans, políticas e programas implantados.
O documento elaborado serve como referencia para que a administración local e os distintos grupos de interese, desenvolvan as súas actividades dende o punto de vista da adaptación e da sustentabilidade, considerando o futuro escenario climático.
"Estratexia de sustentabilidadeambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático naxestión e planificación do Concello de Dumbría"
OT.5 "Frear o cambioclimático"
Proxecto cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de DesenvolvementoRexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.