BABY CLASS - DUMBRÍA SPEAKS, APUNTATE!!!
Desde o concello de Dumbría levamos anos apostando pola aprendizaxe da lingua inglesa, convencidos de que, se a nosa veciñanza a domina, permitiralles acceder a maiores e mellores parcelas profesionais e persoais.
Dumbría Speaks é un programa que se vén desenvolvendo nas Instalacións do Conco - Dumbría os sábados, no que participan nenos/as maiores de 3 anos e adultos/as.
É un proxecto de inmersión lingüística en inglés, desenvolvido por profesorado nativo, e no que todos/as temos cabida. É un espazo de comunicación, aprendizaxe e dinamización en lingua inglesa. Un espazo para falar, xogar, divertirse e escoitar música ou ver películas.
Este ano queremos achegarnos tamén ós máis pequenos/as coa posta en marcha da Baby Class, organizando unhas xornadas enfocadas á aprendizaxe da lingua inglesa, dirixidas a todos os nenos e nenas entre 1 e 3 anos. Nestas sesións, acompañados dun adulto, os pequenos/as poderán desfrutar de xogos, contacontos e cancións en inglés.
TERÁ LUGAR
Os sábados 9, 16, 23 e 30 de marzo en horario de 17:00 a 18:00 horas.
PARTICIPA
Para participar só hai que inscribirse nas casas culturais ou nas oficinas municipais 981 744 001 antes do 28 de febreiro.