top of page

+ Q LIBROS Xornadas de Obradoiros e Actividades nas Bibliotecas 2019

Dende o Concello de Dumbría, continuando na liña de promoción e dinamización cultural no que vimos traballando desde fai décadas, achegamos un ano máis á veciñanza o programa + Q Libros.

Dende o 20 de abril ata o 17 de maio, unindo o día do libro co día das Letras Galegas, imos celebrar unhas xornadas de portas abertas nas bibliotecas para desfrutar destes espazos públicos dende outra perspectiva.

Durante estes días poderás participar de espectáculos de títeres, maxia e música tradicional, dunha solta de libros e de obradoiros de cociña e maxia.

As bibliotecas en Dumbría son +Q libros.

PROGRAMA

 

> 20 abril

17:30 h

Instalacións do Conco - Dumbría.

Maxia.

Espectáculo e obradoiros de maxia para nenos/as.

Entrada de balde.

 

> 23 abril

Casas Culturais, Centro médico e Albergues do concello de Dumbría..

Solta de libros.

Dentro da iniciativa Libros Libres da Deputación da Coruña, celebraremos o Día do Libro, co agasallo simultáneo de libros en diferentes espazos municipais:

  • Centros de saúde ás 11:00 h.

  • Albergues municipais e Casas Culturais ás 18:00 h.

 

> 27 abril

17:30 h

Edificio Bitácora do Ézaro.

Títeres.

Un diaño na maleta. Espectáculo de títeres para o público infantil e familiar. Entrada de balde.

 

> 4 maio

17:30 h

Casa Cultural de Berdeogas

Obradoiro infantil de cociña.

Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 2 maio. De balde.

 

> 11 maio

17:30 h

Casa Cultural de Buxantes

A Roda dos xogos + Obradoiro infantil de cociña.

Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 9 maio. De balde.

Actividade enmarcada na Rede Cultural 2019 da Deputación da Coruña.

 

> 17 maio

17:30 h

Casa Cultural de Olveira.

Letras Galegas.

Celebraremos este día rodeándonos de música tradicional e letras. Nuns días informaremos máis e mellor sobre esta celebración. De balde.

 

As bibliotecas en Dumbría son +Q libros.

José Manuel Pequeño.

Alcalde de Dumbría.

Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page