19 FESTA DA FAMILIA, prepara o mantel!!!
Estimadas veciñas e veciños: Convídovos a todos e a todas a que vaiades preparando os manteis para o vindeiro 21 de xullo, onde volveremos a xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.
Espero que, un ano máis, a nosa fermosa Carballeira de Berdeogas luza chea de cores e mesas repletas de alegría e diversión. Esta segue sendo unha gran romaría familiar, xa coñecida pola súa hospitalidade, onde todo o mundo é benvido e onde nos encanta compartir o espírito festivo e alegre que temos en Dumbría.
Queremos que tódolos amigos de Dumbría veñan gozar da nosa festa máis querida, e aqueles que nos visiten por primeira vez agardámolos co corazón nas mans.
Dumbría, unha gran familia.
Un saúdo e boa festa.
José M. Pequeño Castro
Alcalde de Dumbría
PROGRAMA
> 12:30 h Misa ao aire libre.
> SESIÓN VERMÚ. Orquestra “NUEVA FUERZA”
> XOGOS INFANTÍS
> XANTAR NA CARBALLEIRA: Empanada, churrasco, pan e viño.
ACTUACIÓNS
> Monólogo de MARCOS PEREIRO “Como ser armario empotrado”. Coa colaboración:
> Pandereteiras da Asoc. As Neves de Buxantes
> “GAITEIROS DE BUXANTES”
> Grupo de Gaitas MAZARICOS
> Fin de festa coas Orquestras "FINISTERRE” e “NUEVA FUERZA”
"Ó igual que nas pasadas edicións, podedes adquiri-los tickets para a comida e reservar mesa nas oficinas municipais, antes o día 18 de xullo".