Ampliación da rede de saneamento municipal na parroquia de Ézaro
Ampliación da rede de saneamento municipal na parroquia de Ézaro.
As actuacións executadas con este proxecto foron consistentes na ampliación da rede de saneamento municipal na parroquia de Ézaro. Concremente acometeronse ramais de saneamento, un no lugar de O Castelo e dous no lugar de O Lombiño, compostos por canalización de PVC de 315 mm. de diámetro e lonxitudes 130 metros, 75 metros e 125 metros, respectivamente, cos pozos de rexistro correspondente.
As actuacións complétanse coa reposición de pavimentos mediante 20 cm. de zahorra, 10 cm. de formigón HM – 20 e lastra de granito. Ademais, no ramal 3 tamén se executou un pavimento composto de 20 cm. de zahorra e 15 cm. de formigón con mallazo.
As obras contaron con financiamento procedente do FEDER, a través da Dirección de Augas de Galicia, concedendo ao concello a subvención solicitada de 50.000 euros, o que representa unha axuda do 90.04% sobre o custo total elixible. Así, a aportación municipal ascendeu a 17.188,81 euros.
A axuda do FEDER está financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.
+ INFO:
Oficinas Municipais
981 744 001
Komentar