top of page

"MULLERES, MEMORIA E DIGNIDADE" Unha xornada conmemorativa da primeira viaxe de Ruth Matilda Anderson a Costa da Morte.


 

Dumbría conmemora o 𝒔𝒂́𝒃𝒂𝒅𝒐 23 𝒅𝒆 𝒏𝒐𝒗𝒆𝒎𝒃𝒓𝒐 𝒏𝒐 𝑬́𝒛𝒂𝒓𝒐 o centenario do paso de Ruth Matilda Anderson por Galicia.


Ruth Matilda Anderson, etnógrafa e fotógrafa na Hispanic Society of America, viaxou a España e á Costa da Morte fai un século. Esta viaxe levouna a coñecer e fotografar xentes, lugares e oficios do noso concello, conformando así unha importante memoria que chega ata os nosos días.

Por iso, desde Concello de Dumbría queremos conmemorar esta data e poñer en valor o importantísimo e minucioso labor realizado por Anderson.


Esta xornada quere, tamén, botar unha ollada á nosa historia, reivindicando o importante papel da muller galega na construción da sociedade que hoxe coñecemos.


Unha xornada na que, ao longo de todo o día, diferentes profesionais e a propia veciñanza tomarán o relevo de Ruth Matilda para rememorar a Dumbría do primeiro terzo do século pasado.


Participantes:

𝑨𝒍𝒃𝒂 𝑹𝒐𝒅𝒓𝒊́𝒈𝒖𝒆𝒛. Tradutora e editora técnica en Afundación. Integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo. Profesora visitante na Universidade de Kent en Canterbury e na University College Dublin.


𝑨𝒏𝒂 𝑪𝒂𝒃𝒂𝒏𝒂. Profesora titular do Departamento de Historia da USC. Integrante do Grupo de Investigación Histagra e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).


𝑷𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒌 𝑳𝒆𝒏𝒂𝒈𝒉𝒂𝒏. Doutor en Filosofía. Curador de gravados e fotografías na Hispanic Society of America. Intervirá desde os Estados Unidos por videochamada.


Moderará a xornada 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒊𝒂𝒈𝒐 𝑮𝒂𝒓𝒓𝒊𝒅𝒐. Xornalista. Moito do seu traballo xornalístico céntrase na análise e documentación da idiosincrasia da Costa da Morte.


Pola tarde, teremos un faladoiro coa 𝒗𝒆𝒄𝒊𝒏̃𝒂𝒏𝒛𝒂 no que conversaremos sobre a Dumbría dos últimos cen anos.



Programa:

Sábado 23 de novembro.

Edificio Bitácora – O Ézaro.


10.30 h – Apertura da xornada

11.00 h – «O país das mulleres de Ruth Matilda Anderson. Unha ollada en clave de xénero cara a Galicia do 1º terzo do século XX» por Ana Cabana

11.30 h – «Ruth Matilda Anderson, tradutora e reivindicadora das mulleres galegas e da Galicia longamente ocultada» por Alba Rodríguez

12.10 h – Pausa café

13.00 h – Intervención de Patrick Lenagham

13.30 h – Peche da sesión matinal coa posta en común de conclusións. Modera Santiago Garrido

16.00 h – Faladoiro: Conversando cos nosos maiores sobre a Dumbría dos últimos cen anos. Clausura da Xornada.



Máis aló da conmemoración do paso de Ruth Matilda por terras dumbriesas, esta xornada convértese, coa participación da veciñanza de Dumbría, nunha reivindicación do valor do noso patrimonio inmaterial, das nosas tradicións.


Como primeira acción, o Concello de Dumbría xuntou as mulleres do Ézaro de hoxe para recrear unha das máis icónicas imaxes da fotógrafa americana no areal do lugar, tirando polos cabos da arte. 


Retratou o momento unha nova Ruth Matilda de hoxe, que leva anos inmortalizando a Costa da Morte. Ana García, fotoxornalista da Voz de Galicia reproduciu esta réplica /nova interpretación da imaxe de Anderson.

Os nosos maiores terán todo o protagonismo na tarde desta Xornada, na que revivirán a memoria doutros tempos desta nosa terra.



 

𝑨 𝒆𝒏𝒕𝒓𝒂𝒅𝒂 𝒔𝒆𝒓𝒂́ 𝒈𝒓𝒂𝒕𝒖𝒊́𝒕𝒂 𝒆 𝒂𝒕𝒂 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒍𝒆𝒕𝒂𝒓 𝒂𝒇𝒐𝒓𝒐

 




+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Comments


Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page