top of page

OBRAS DE MELLORA DO VIARIO DE OLVEIRA A LUCÍN E OUTROS


PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2024-2025


Obras de mellora do viario de Olveira a Lucín e outros

Este proxecto recolle 3 actuacións de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas: 



Mellora do viario de Olveira a Lucín

Descrición: Lonxitude 870 m (dividido en 2 treitos de 830x4,00 e 40x4,00 m)


Esta actuación contempla a limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Afirmarase con 5 cm. de aglomerado en quente, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ó 10% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo e previa ampliación en ambas marxes de 0,25 m. con 20 cm de zahorra, 15 cm. de grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente executaranse 30 metros de cuneta revestida con formigón e realizarase a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo



Mellora de pista en Regoelle

Descrición: Lonxitude 840 m (dividido en 3 treitos de 285x3,00, 400x3,00, 155x3,00 m e 2 abanicos de 30 m2 cada un)


Procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a reposición do paquete de firme con vinte centímetros de zahorra.

Finalmente colocarase unha sinal de Stop.


Mellora de Pista en Buxán

Descrición: Lonxitude 265 m, ancho 4,00 m, 30 m2 dun abanico e 30 m2 dun entronque.


Procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a reposición do paquete de firme con quince centímetros de zahorra.

Realizarase unha ampliación de 0,25 m. en cada marxe con 25 cm. de material de préstamo e 25 cm. de zahorra.



 




 






 

Comments


Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page